Corpus de MancomunMancomun

Benvid@ ao corpus lingüístico de mancomun.org

Este corpus nace como ferramenta para facilitar o mantemento da coherencia terminolóxica nas traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a calidade final dos produtos.

Trátase dun corpus paralelo que permite procurar palabras en inglés ou en galego nalgún dos distintos proxectos almacenados e devolve parellas de frases inglés-galego nas que se atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente. É importante salientar que toda esta terminoloxía foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía galega.

Este corpus naceu coa tradución ao galego do OpenOffice.org 2.0 contendo preto de 650.000 palabras traducidas (interface e axuda do paquete ofimático) incluída terminoloxía do campo da ofimática. Actualmente inclúe memorias de tradución doutras aplicacións e posteriormente irase actualizando a medida que se traduza novo software.

Consultas






Teclas de acceso rápido do formulario:

Tecla de acceso rápido da páxina de resultados:

XHTML 1.0 Strict válido

Corpus é unha aplicacion derivada do xesterm de  imaxin|software
Corpus está distribuído baixo a licenza GPL e pode descargarse desde a
Forxa de Mancomun.org: https://forxa.mancomun.org/projects/corpus/

direccion
  _xeral_pisi Feder logo CESGA