[15-dec-2009]
Lista de cambios:
Incluído o ficheiro PO e TMX coa tradución ao galego do Thunderbird 3.0. Pode facer buscas sobre esta tradución seleccionando o proxecto Mozilla do desplegábel de proxectos do buscador
[14-out-2009]
Lista de cambios:
Incluído o ficheiro PO coa tradución ao galego do FusionForge 4.8.1 e os ficheiros da tradución de VirtualBox 4.8.1 que serán as primeiras versións destes aplicativos cunha tradución oficial ao galego.
[30-sep-2009]
AVISO IMPORTANTE:
Acabamos de subir os ficheiros en formato PO do repositorio galego de Mozilla contendo a tradución dos seguintes aplicativos:
Firefox 3.6, Thunderbird 3.0, Seamonkey 2.0, Sunbird 1.0, Fennec 1.0 e outros compoñentes comúns aos mesmos.
Esta tradución non é a definitiva, pero xa se aproximan datas finais de entrega destas traducións polo que rogamos nos axudedes a identificar erros, ben sexa, usando o Corpus, ou tamén probando as distintas compilacións de probas existentes.
Para facer buscas nestas traducións usando o Corpus, só tendes que seleccionar o proxecto "Probas_Mozilla".
Para notificarnos de calquera erro, podedes usar o noso formulario de contacto.
[29-sep-2009]
Lista de cambios:
-Publicada a memoria de tradución do Gnome 2.28 e incluída no Corpus de maneira que xa se poden facer buscas sobre estas traducións.
[2-xullo-2009]
Lista de cambios:
-Implementada unha memoria cache que reduce o tempo de execución das consultas xa efectuadas.
-Implementado un mini buscador dentro dos resultados para non ter que ir adiante/atrás no corpus para poder facer as buscas.
-Restruturación de todo o código do corpus para facelo máis sinxelo, lexible e modificable.
En breve poderedes atopar esta última versión do código fonte do Corpus na Forxa de Mancomún.
[08-xuño-2009]
Lista de cambios:
-Engadidos parámetros á URL de busca de maneira que é posíbel dar unha ligazón a unha consulta no Corpus:
A ligazón para referenciardes unha busca é do seguinte tipo
http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl?termo=TERMO&proxecto=PROXECTO&idioma=IDIOMA
co significado de cada parámetro segundo se explica a seguir:
* TERMO: palabra que se buscará.
* PROXECTO: nome dalgún dos proxectos que teñen a súa memoria de tradución incluída no Corpus - actualmente: "Gnome+2.26", "Mozilla", "Wordpress", "Gimp+2.6", "OpenOffice.org3", "Gnome+2.16" - ou "Todos".
* IDIOMA: 0 para facerdes as buscas en inglés ou 1 para facérdelas en galego.
-Actualización dos motores de busca no Corpus para a barra de buscas do Firefox debido aos cambios para a xestión deste parámetros.